[es_norte] Fwd: [gdx] Información sobre vulnerabilidade e mapeo colaborativo

Gino Pirelli luipir en gmail.com
Vie Abr 11 03:43:53 PDT 2014


---------- Forwarded message ----------
From: "Saramaganta.info" <informacion en saramaganta.info>
Date: 11 Apr 2014 08:43
Subject: [gdx] Información sobre vulnerabilidade e mapeo colaborativo
To:
Cc:

 Benquerida usuaria.

Posto que dende a última xa hai algún tempo que non falabamos, poñémonos
hoxe en contacto contigo para comentarche que nesta última semana as
administradoras de sistemas de TODA Internet andivemos moi atarefadas por
mor dunha grave vulnerabilidade
<https://en.wikipedia.org/wiki/Heart_bleed>atopada nas librerías
OpenSSL, sendo que unha enorme parte dos servidores
que empregan este software -estímase que sobre un 60% do total na Rede-
están agora mesmo con serias dificultades derivadas delo.

Ao marxe doutras consideracións sobre a seguridade dixital global, podemos
afirmar que a nosa esbaradía Saramaganta está fóra de perigo en canto a
esto, xa que logo a versión da librería que empregamos non está entre as
afectadas. Con todo e por simple precaución pensamos levar a cabo en breve
unha actualización dalgúns dos nosos certificados SSL como por exemplo o de
correo. Notarás pois que ao acceder ao mail ou a determiñadas webs terás
que aceptar de novo o correspondente certificado autoasinado de Saramaganta
(1); non é nada grave pero conviña avisar.

Doutra banda, queriámosvos anunciar que no departamento I+D de Saramaganta
temos implementado nos últimos meses un avanzado servizo de mapeo
colaborativo que tedes acó:

 https://maps.saramaganta.info

baseado no potente software
Ushahidi<https://es.wikipedia.org/wiki/Ushahidi>do que mesmo fixemos a
traducción ao galego. Dado que se topa en fase beta
precisamos *beta-testers* para poñer a proba o seu funcionamento e as súas
capacidades, así que se te animas a xeolocalizar algo do teu interese e
pasarnos algún informe
sobre o seu funcionamento e posibles milloras, estaremos encantadas en
botarche unha man no que precises.

Tamén queiramos agradecervos a tódalas que tedes colaborado nestes meses
aportando donacións e especias varias; sen a vosa implicación este proxecto
non podería existir. Obrigadas!

Quedamos pois á túa disposición para calquera outra cousa.

Un bico agarimoso



(1) para as máis priocupadas por cuestións de seguridade, tentaremos
ofrecer pronto algún método adicional para garantir a integridade dos nosos
certificados, se ben ao marxen das mafias de certificación que manexan
actualmente esta cuestión.
-- 



_______________________________________________
Lista de correo do Grupo_de_xogos : Grupo_de_xogos en listas.corunha.info
Xestiona a túa subscrición á lista:
https://listas.corunha.info/cgi-bin/mailman/listinfo/grupo_de_xogos
Folla de cálculo compartida:
http://www.editgrid.com/user/buzonete/grupo_de_xogos_csoa_palavea (
contrasinal: xogandovou)
Blog do grupo: http://grupoxogos.tk
Espazo na nube:https://nube.saramaganta.info (user: grupoxogos contrasinal:
uOTxCoF656UYxVkU)
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: <http://lists.osgeo.org/pipermail/es_norte/attachments/20140411/e0ce44e1/attachment.html>
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: no disponible
Type: image/gif
Size: 8081 bytes
Desc: no disponible
URL: <http://lists.osgeo.org/pipermail/es_norte/attachments/20140411/e0ce44e1/attachment.gif>


More information about the es_norte mailing list