[es_norte] Usuario cambiando nomes de obxectos (rúas, estradas e lugares) a galego reintegracionista.

Rafael Avila Coya ravilacoya en gmail.com
Jue Nov 5 10:56:40 PST 2015


Ola a todos/as:

Hai uns días, movéndome polo mapa na zona de Baiona, atopei algúns nomes
de obxectos (rúas, estradas e lugares) con clara grafía portuguesa (nh,
j, lh, etc).

Os cambios os fixo este usuario:
https://www.openstreetmap.org/user/Xos%C3%A9%20Lu%C3%ADs

Os cambios son só 6 en total: https://www.openstreetmap.org/user/Xosé
Luís/history

Considerando que este é un caso de vandalismo non intencionado (non vexo
mala intención, mais si descoñecemento de cómo funciona OSM e das normas
de etiquetado), fixen o que é preceptivo neste caso, que é enviarlle
unha mensaxe. Na mensaxe fixen referencia só ao primeiro dos seus
conxuntos de cambios:

-----

Asunto: Conxunto de cambios
https://www.openstreetmap.org/changeset/34707212 , con moitas edicións
incorrectas

Corpo da mensaxe:

Ola:

Este conxunto de cambios contén modificacións de obxectos que non se
ateñen as normas xerais da comunidade OSM a nivel mundial. Entre elas
está que a língua que se da aos obxectos debe ser a língua oficial do
territorio. Para o territorio no que fixeches estes cambios, a língua
oficial é o galego. Para o portugués ou outras variantes non oficiais do
galego, así como para o resto das línguas do mundo, temos as etiquetas
name:xx. Por exemplo: name="Rúa Rosalía de Castro", name:gl="Rúa Rosalía
de Castro", name:es="Calle Rosalía de Castro", name:en="Rosalía de
Castro street", name:fr="Rue Rosalía de Castro", etc. Ademáis, é obvio
polo comentario que escrebes para este conxunto de cambios, que a túa
intención é a de cambiar os nomes coa normativa oficial por nomes coa
"denominaçom coa norma histórica", algo inaceptable, pois como digo a
norma para todo o planeta en OpenStreetMap é que os nomes deben ir na
língua oficial do territorio de cada obxecto OSM. Abondas nisto máis
abaixo no comentario, cando dis que "Os nomes das vias procedem do
microtopónimo mais proximo e mais conhecido na atualidade". Isto non é
certo. O nome dunha vía (residencial ou calquera outra) debe ser o
oficial que atopamos normalmente cando visitamos o vial sobre o terreo.
A este respecto, recoméndoche que leas a Guía de Boas Prácticas (
http://wiki.openstreetmap.org/wiki/ES:Good_practice (en castelán)).
Finalmente, asumes que estes cambios "afinan as ediçons anteriores", o
que non é certo.

Un por un tódolos obxectos:

    name=Moura para estrada sen clasificar (
https://www.openstreetmap.org/way/180930758 ) -> Estás seguro de que ése
é o nome oficial de esa vía?
    name=A Groba para uso da terra monte (
https://www.openstreetmap.org/way/168809568 ) -> O tema é que un uso da
terra poucas veces ten nome. Ese polígono indica que o uso desa terra é
para monte. A Groba debe ser a cordillera, e polo tanto, ese nome debe
ir noutro obxecto, probablemente nun natural=ridge (
http://wiki.openstreetmap.org/wiki/Tag:natural%3Dridge )
    Cambias name="Camiño do Pinal do Manco" por name="Pinal do Manco"
para vía residencial ( https://www.openstreetmap.org/way/221660944 ) Por
que? (O cambio de unclassified a residential paréceme correcto).
    Cambias name="Camiño Vello" por name="Caminho Velho" en varios viais
(exemplo: https://www.openstreetmap.org/way/361757460 ). Esta
modificación é incorrecta, pois a versión anterior estaba ben. O
correcto é manter name="Camiño Vello" e incorporar "Caminho Velho" como
name:xx, por exemplo: name:pt="Caminho Velho". Para variantes non
oficiais do galego poderíase usar name:gl_pt="Caminho Velho", mais isto
non o podo asegurar, polo que sería bo comentalo nas listas das
comunidades locais de OSM: lista de Xeoinquedos (
es_norte en lists.osgeo.org ) e/ou OpenStreetMap España (
talk-es en openstreetmap.es )
    Cambias name="Camiño da Gandarela" por name="Gandarela" (
https://www.openstreetmap.org/way/361758712 ). Por que abrevias estes nomes?
    O mesmo de "Camiño das Carneiras" a "Carneiras" (
https://www.openstreetmap.org/way/361758597 )
    O mesmo de "Camiño do Castro" a "Castro" (
https://www.openstreetmap.org/way/361758165 )
    Cambias o nome correcto da rúa "Almirante Fontán" por "Chaparral" (
https://www.openstreetmap.org/way/221660949/history ). Ademáis de ser
incorrecto, isto fará que ninguén atope esa rúa, os GPS non a terán
indexada, etc.
    Cambias name="Camiño das Laxes" por "Lajes" (
https://www.openstreetmap.org/way/221660946/history ). Novamente, isto
pódese adecuar mantendo o nome oficial en name, e poñendo o alternativo
en name:pt ou name:gl_pt, etc.
    Cambias name="Autovía do Val Miñor" por name="Vía reservada para
automóveis" na Autovía do Val Miñor (trocal AG-57), en polo menos 8
segmentos (exemplo: https://www.openstreetmap.org/way/11977865 ). Isto é
incorrecto. O nome da vía é Autovía do Val Miñor. Para indicar que o
tránsito de certos vehículos, como bicicleta, cabalos ou xente a pe está
prohibida, faise coas correspondentes etiquetas: bicycle="no",
horse="no", foot="no".
    O lugar "O Piñeiro", importado por ING (
https://www.openstreetmap.org/node/1242520116/history ). No caso de que
esteas seguro de que é "Espiñeiro" e non "O Piñeiro", debería ir como
name="Espiñeiro", non name="Espinheiro".
    Cambias "Baíña", nome oficial, primeiro a "Vainha" e logo a
"Bainha", non oficiais (
https://www.openstreetmap.org/node/2576429938/history ).
    Cambias igualmente "A Igrexa" por "Igreja", non oficial (
https://www.openstreetmap.org/node/2576429914/history ).
    Abrevias "Os Eidos" a "Eidos" (
https://www.openstreetmap.org/node/2576429941/history )
    "O Cruceiro" cámbialo por "Cruzeiro", abreviado e non oficial (
https://www.openstreetmap.org/node/2576429939/history ).

Así mesmo, vexo edicións con incorrecións similares nas outras 5
edicións que fixestes, que non podo comentar todas polo miúdo, pois me
levaría demasiado tempo que non teño.

Agardo a túa resposta. O natural será revertir todos estes cambios. Se
queres, pódoo facer eu.

Un saúdo cordial,

Rafael Ávila Coya.

-------------

A súa resposta chegoume hoxe, 3 días despois:

-----------------

Bo dia, Rafael!
Agradeço-lhe muito o trabalho e o tempo que lhe adicou a elaborar a sua
mensagem tam detalhada e com profissionalidade. Neste momento nom lhe
podo adicar o tempo que precisa o trabalho, entom as possíveis correçons
devem aguardar um tempinho. Polo momento, queria saber, se é tam amável,
onde (lei, norma oficial, etc.) é que se indica que umha norma
linguística é oficial ou nom o é. Se o localizar, entom vou tentar o
conselho que me deu de usar o clasificador gl_pt.
Aguardo pola sua resposta, mais nom é preciso que me responda já pois
ainda nom me podo pôr com este tema.
Cumprimentos.
O Luís.

---------------

Aínda teño que contestarlle, pero aquí van varias preguntas/opinións:

1) Hai cambios que fixo que deberían solucionarse xa, como é o caso de
cambiar nome de autovía, substituíndoo por unha descripción. Se aínda
non o fixen é porque penso que o mellor sería facer un back-up dos datos
e revertir os 6 conxuntos de cambios, habida conta que a maioría dos
cambios son incorrectos.

2) Problemas como éste non vai a ser a última vez que van pasar. Por iso
penso que deberíamos crear unha wiki específica de Galicia (como teñen
Andalucía, Cataluña ou Illas Baleares, por exemplo), na que dar resposta
a estas cuestións, para así non ter que perder tanto tempo.

A parte disto da língua, están as clasificacións das estradas, qué facer
coa máis que discutible importación dos bosques CORINNE, etc.

Alguén se anima tamén a encher a wiki de contidos?

Volvendo á incidencia, se o vedes ben, eu revertiría os conxuntos de
cambios agora mesmo, con mensaxe paralela ao usuario Xosé Luís.

Nin que dicir ten que en OSM non estamos para diatribas sobre temas
lingüísticos. Eu polo menos non. Ademáis, non hai necesidade: OSM brinda
a posibilidade ben elegante de poder poñer os nomes e outros obxectos en
diferentes línguas. Para o caso de Xosé Luís, pode facelo através de
name:pt_gl=*, description:pt_gl=*, etc [1]. Polo que non hai ningún
problema de termos ningún enfrontamento inútil. Hai cousas moito máis
importantes que facer, nonsi?


[1] O de pt_gl e non gl_pt é despois de que consultara a Miguel Bouzada,
que leva anos traducindo software libre e xa tivo que lidiar con estes
problemas máis dunha vez. En todo caso, o sufixo deberían decidilo
aqueles/as que estean interesados nesa variante non oficial e
minoritaria do galego. Eu, desde logo, non vou perder nin un minuto da
miña vida niso.

Un saúdo a todos/as,

Rafael Ávila Coya (edvac - http://hdyc.neis-one.org/?edvac )


More information about the es_norte mailing list