[es_norte] Lanzamento da API do MeteoSIX e de MeteoSIX Mobile

Xurxo Mendez sonxurxo en gmail.com
Mar Ene 31 05:50:42 EST 2012


Boas a todos,

Como algúns xa saberedes, no Grupo de Arquitectura de Computadores viñamos
traballando, xunto con MeteoGalicia, o Laboratorio de Sistemas da USC e o
CESGA, no desenvolvemento dunha API pública meteorolóxica e oceanográfica
no contexto do proxecto MeteoSIX <http://meteosix.cesga.es>. Ao mesmo
tempo, tamén desenvolvimos unha aplicación para dispositivos Android, MeteoSIX
Mobile<https://market.android.com/details?id=org.meteogalicia.meteosix.mobile>,
que accede a esa API. Hoxe pola mañán publicáronse ambas as dúas, a API e a
aplicación Android.

Se vos interesa, o acceso á API é público. Só hai que dispor dunha clave
que se pode obter enviando un mail co asunto "Solicitude de clave" a
meteosix en meteogalicia.es. Inda que é máis que recomendado botarlle un ollo
ao manual (por agora, só en PDF, en
galego<http://meteosix.cesga.es/manual_api/MeteoSIX_API_gl.pdf>e
castelán <http://meteosix.cesga.es/manual_api/MeteoSIX_API_es.pdf>).

Respecto ás insistentes peticións (Micho :) ) de facer un taller, estamos
considerando as opcións que hai, a ver se preparamos aquí algúns exempliños
e exercicios para facelo o máis ameno posible; inda que será difícil
achegarse ao nivel do taller de IkiMap, faremos o que se poda...

Ben, nada máis. Saúdos a todos!

Xurxo Méndez Pérez

http://blog.sonxurxo.com
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: http://lists.osgeo.org/pipermail/es_norte/attachments/20120131/7946d71a/attachment.html


Más información sobre la lista de distribución es_norte